sábado, 22 de febrero de 2014

Productos finais: os nosos biscoitos 18/02/2014

Por fin chegou o gran día!!!! íamos cociñar os biscoitos e para iso fomos ó comedor do noso centro e coa axuda do persoal de cociña que nos deixou o material necesario e algún que outro consello gratis.... puxémonos mans á obra.

O que tíñamos pensado que nos levaría unha sesión, é dicir, 50 minutos (que era facer as masas) o final levounos dúas, é dicir, 100 min aproximadamente, co que o profesor de música foi moi amable e nos deixou a súa sesión.

Aquí tedes algúns dos momentos da elaboración:

Amasando 
Engrasando os moldes
Decorando o grupo 3

Facendo adornos para decorar os biscoitos











Comprobando texturas


Masa do biscoito do grupo 1
E un vídeo representativo da preparación:


As cociñeiras, unha vez que todas as masas estiveron  preparadas, metéronas no forno.

Forneándose
Pasadas unhas horas e cos biscoitos xa fríos, adicamos outra sesión a adornalos para conseguir unha boa presentación:


 E chegou o momento final. Despois de varias horas traballando estes son os resultados. ¿Atreveríaste a probalos? Ummm¡¡¡

Biscoito do grupo 1
Biscoito do grupo 1
Biscoitos do grupo 2

Biscoito 2 troceado e adornado
Biscoito do grupo 2

Biscoito do grupo 3



Biscoitos do grupo 3



Resultado  final
E o vídeo final para que se che faga a boca auga...


Bo proveito a todos!!! e graciñas pola vosa colaboración!!!!, foi unha xornada cargada de nervios, emocións, ilusións... pero sobre todo tratamos que fosen uns días diferentes á hora de aprender.... se de algo serviu..... xenial!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario