sábado, 22 de febrero de 2014

Catro receitas de biscoitos


Aquí vos deixo as catro receitas escollidas polos grupos de traballo... 



Grupo 1: Paola, Paula e Rocío
RECEITA DE BISCOITO DE CHOCOLATE


Ingredentes : 


175g de cobertura de chocolate 
75g de fariña
150g de manteiga
4 ovos 
1 sobre de fermento
170g de azucre

Preparación: 


-Fundir o chocolate coa manteiga.
-Bater as xemas co azucre. 
-Engadir ó chocolate fundido a fariña e o fermento
-Montar as claras e mesturar todo.
-Vertelo nun molde engrasado coa manteiga e a fariña.
-Colocar o molde nun forno a 180° durante 30/45min.



Cando enfríe procederemos a decorarlo con fondant e accesorios.


Grupo 2: Raúl Montero, Víctor e Alejandro
                   
RECEITA DE BISCOITO DE IOGUR


Ingredentes para 4 persoas:
- 3 ovos 
- 1 iogur de limón 
- Aceite de oliva (1 medida de iogur) 
- Azucre (2 medidas de iogur) 
- Fariña (3 medidas de iogur) 
- 1 sobre de fermento (16 g de polvo para fornear) 
- 1 limón 
- 1 cucharada de azucre glas 
- Fariña e manteiga para untar o molde
- Fideos de chocolate, raiadura de limón e chocolate fundido (opcionais,para decorar)

( É UNHA RECETA DE K.ARGUIÑANO)





Elaboración:
Casca os ovos, colócaos nun bol grande co azucre e bate ben  cunha  varilla manual (se non tes varilla, podes utilizar unha culler de madeira). 
Engade o iogur e o aceite e segue batendo. Limpa o limón e cun raiador, raia a cáscara encima.
Tamiza (pasa polo colador para que colla aire), o fermento e  a fariña, sobre a masa e mestura ben.
Unta un molde con manteiga, espolvoréao con fariña e verte dentro a masa. Introduce no forno (previamente calentado) a 180ºC durante 40 minutos.
Apaga o forno, retira o biscoito e deixa que se temple. Pasa un coitelo polos bordes do molde para sacalo facilmente e desmóldao. 
Espolvoréao cun pouco de azucre glas e serve o biscoito de iogur.
Despois, e por último, decórao a teu gusto, nós o fixemos con raiadura de limón e chocolate fundido.



Consellos:
É importante que só raies a parte externa do limón (a amarela) porque se chegas á  parte blanca, ésta  imprimiralle un amargor desagradable.
Se non tes azucre glas, podes elaboralo de forma caseira na túa casa. Introduce azucre en gra no molinillo do café ou na trituradora, dale marcha e tritura ata que quede convertido en polvo.


Grupo 3: Raúl Nieto, Sergio e Quique

RECEITA BISCOITO


INGREDENTES BISCOITO
- 150 g de chocolate para postre negro
- 100 g de azucre
- 100 g de manteiga
- 100 g de fariña
- 3 ovos
- 1 sobre de fermento

INGREDENTES COBERTURA
- 100 g de chocolate para postre negro
- 100 g de nata para montar
- 50 g de manteiga

ELABORACIÓN BISCOITO
Fundir o chocolate coa manteiga, bater as xemas co azucre, engadir chocolate fundido coa fariña e o fermento.

Montar as claras e mesturar con todo,(de arriba abaixo). Vertelo  nun molde, previamente engrasado con manteiga e fariña. Colocalo a forno medio aproximadamente uns 40 - 45 minutos.

Cando estea listo se deixa enfriar, preparamos a cobertura e a extendemos por riba.

ELABORACIÓN COBERTURA
Fundir o chocolate e mesturalo coa nata e a manteiga.



Grupo 4: María, Yolanda y Aroa

Receita de Biscoito de Chocolate


Ingredentes:
- Chocolate valor/ paladín para fundir
- Fariña, 1/4de kilo
- ColaCao, ¼ de kilo



- Azúcre: 150g-200g
- Manteiga tulipan: 150-200g
- Leite entera; 160 ml
- Ovos tamaño L, necesitamos 4
- Fermento, un sobre "royal"
Preparación:

Imos mesturar  nun recipiente grande o colacao coa fariña, tamén engadimos o fermento e mesturamos todo ben.

Agora usamos outro recipiente para bater os ovos, e engadirlle o azúcre. Removemos todo con ganas.

Agora lle agregamos a manteiga un poco derretida e o leite. Al igual que antes hai que mesturalo todo moi ben.

Unimos ambas masas, baténdoo ben á man ata que a masa resultante sexa homoxénea.

Preparamos o molde coa manteiga extendida por toda a base, e vertemos a masa nun molde ocupando ben todo o molde.
Para facer a cobertura fundir o chocolate mesturado con manteiga tamén fundida e estender sobre a superficie do biscoito.


Quentamos o forno a 185 grados máis ou menos. Metemos o molde coa masa e o deixamos uns 45 minutos, sempre comprobar antes de sacar, pinchando cun coitelo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario